ARAOS SONOROS
Os clubs de
lectura estanse a converter, especialmente os de adultos, en lugares de reunión
social, de intercambio de ideas e sensacións, de novas experiencias. Son unha
combinación perfecta do íntimo, no momento da lectura en solitario, coa a
proxección cara ao exterior no momento de intercambio de opinións e
comentarios. Cantas veces o libro escollido no club danos a oportunidade de
descubrir máis alá da literatura en si mesma, que xa é dabondo, novas cousas, novos
lugares, situacións, experiencias, nova xente.
Non é mal exemplo
do que digo a última reunión do noso club en torno aos volumes de “Con sabor a canela”, que nos permitiu
coñecer e entrar en contacto con Ramón Blanco, un luthier de orixe galega (da que presume) e afincado en Caracas
desde hai anos. Que sorpresa descubrir primeiro que o personaxe no libro
correspondía a unha persoa real, logo saber que continúa a fabricar
instrumentos musicais e, ademais, ser un moi coñecido escalador, de fama
mundial, que sigue escalando aos seus 80 anos e participando en maratóns de
montaña! Entrañable Ramón, lector empedernido (envía foto da súa “biblioteca”) tan
interesado en que lle contemos como é iso dos clubs de lectura, que onde
estamos, que canta xente hai, que si hai rapaces nos clubs...
E para remate
unha explicación excelente por parte de Charo, que tivo a ben traernos o seu
violoncelo (o seu neno querido) e que ademais de informarnos tan amenamente
sobre a súa construción, partes e materiais, tocounos unha pequena peza en
directo e permitiunos probar a sacar algún son do instrumento. Toda unha
experiencia.
Grazas aos dous,
Charo e Ramón, por unha tarde tan completa e tan agradable.
Araos Sonoros on PhotoPeach
3 comentarios:
;) que guai asta os pais se apuntan o club de lectura
Eu non puiden estar no club este día. Foi unha mágoa! Gustaríame tanto ter estado. A próxima non a perdo! Este club é xenial!
Pasei unha boa tarde ese día.Gracias a quen fai posible estos momentos.
Publicar un comentario