22.12.13

REMATANDO O ANO
Xa temos aquí de novo outro fin de ano. Rematou o trimestre e hai que despedilo ao grande, preparando o corpo e o ánimo para as festas que nos agardan axiña.
Desta volta David organizou (grazas David, vaia traballiño) un fin de festa completísimo, coa axuda inestimable de Brey e a súa guitarra -sen esquecer a Javier- e dos participantes nas actuacións. Cada ano que pasa asómbrome máis das capacidades e das habilidades do noso alumnado, sexan musicais ou teatrais. Aquí deixo unhas fotos (María e a súa cámara) e un pequeno vídeo-mostra. O completo estará a disposición nos ordenatas da biblio, coma sempre.
FELIZ NADAL

3 comentarios:

Unknown dijo...

Esa Taylor de Javi, que ben sona e que bonita é. Noraboa a todos polas horas de traballo.



Un saudiño Charly!

Mireia1B dijo...

Que guai estubo o festival felicito as que cantan tan ben e a os que dixeronche o teatro estubo mui gracioso

Anónimo dijo...

Gustoume moito, pero creo que ese Nothing Else Matters non o debería cantar Laura (non porque cante mal, canta bastante ben) porque creo que non ten voz como para versionar a James Hetfield.