8.6.14

O PRIMEIRO DE MOITOS
Un grupiño de frikis e frikas do instituto, baixo a dirección do profe máis artista, deron en facer este Fanzine, A Voz da Aguia, que seguro que terá máis números en vindeiros cursos.
A verdade é que lles quedou moi ben. Igual o próximo curso se animan a continuar e eu diría que incluso deberían facer unha edición a cor e vendela, que seguro que hai clientela abonda. Os de primeiro, cando me viron chegar con ela a clase, xa preguntaban como conseguila, así que xa sabedes, hai que seguir.
 E os autores/as xa saben que no que queiran facer a biblio colaborará en todo o que poida, que para eso estamos, oiga.  Ademais é que saíron moi guapos na foto...

 Para que vexades o que fan deixamos aquí a fotonovela publicada. Tede coidado os que padezan do corazón, que da moito medo!

3 comentarios:

zinnia 1-a dijo...

encantariame leela por que non temos todos una revista:

porfa podes darnos a todos una revista.

Anónimo dijo...

si a min tamén me gustaría tela seguro que se volvería máis famosa se a deran.

chispum dijo...

A verdade é que ten moi boa pinta...eu xa me enganchei coa fotonovela!!