NON Á VOLENCIA DE XÉNERO
Como cada ano as Bibliotecas Escolares de Galicia súmamonos á campaña Contra a Violencia de Xénero. Facémolo todos os días do ano, pero é especialmente importante recordalo nesta data, o 25 de novembro, no Día Internacional contra esta praga.
Preocúpanos especialmente a posibilidade de que os e as adolescentes continúen con estas actitudes machistas que parecen (ou deberían ser) cousa da prehistoria. Moitas veces os medios de comunicación, na publicidade, por exemplo, (e desto saben moito os de "marketing") preséntan á muller como unha "cousa", unha especie de "premio" para o macho máis machito. Incluso moitas veces nos libros de éxito entre adolescentes é o home o que ten a parte activa, decisiva, aínda que cada vez hai máis, afortunadamente, no que son elas as que levan o peso da historia.
Estamos seguros de que os nosos adolescentes, especialmente elas, son capaces de diferenciar con claridade a ficción (publicitaria, narrativa...) da realidade, e nunca admitirán unha relación machista.
Deixo aquí un vídeo que me parece interesante sobre este tema. Atrévome a pedirvos que o miredes con atención.
Ademáis todo Camariñas di NON á violenciade xénero. Participa lanzando o teu chío coa etiqueta #camariñasdiNON, ou entrando no Facebook.
Ademáis todo Camariñas di NON á violenciade xénero. Participa lanzando o teu chío coa etiqueta #camariñasdiNON, ou entrando no Facebook.
No hay comentarios:
Publicar un comentario