... E O MES DO DEPORTE
Logo das Ciencias e das Artes tocáballe o turno ao deporte, que xa se sabe que non hai mente sana se non hai un corpo sano que a sosteña. Así que, como outros anos, alá nos fomos, a Cee, a darlle voltas ao campo de fútbol, todo primeiro (case) e todo segundo (case) en dous autobuses con destino ás medallas, que algunha caeu.
Santa paciencia a de Bruno repartindo dorsais, que algúns pensaban que os árbitros xa os ían recoñecer polo famosos que son na redonda... Coma sempre, as imaxes podedes collelas, estas e outras, nos ordenatas da biblio.
2 comentarios:
Quedou todo o mundo sen folgos para escribir unha frase? Hai como andamos... máis ben "como navegamos"!!!!
A min gustoume moito esta carreira lástima que sexa o último ano!!
Publicar un comentario