12.2.15



 M4T3M3S
 Xa rematamos o M4t3m3s. Tivemos que esperar ao duro desenlace, a dura "batalla", entre dous grupos de 4º para ter o resultado final. No primeiro ciclo xa tiñamos un  grupo gañador desde o remate das probas do concurso: Arián, Juan e Martín. No 2º ciclo a "guerra" decantouse do lado de Claudia, Mirian e Thalía, que conseguiron formar a figura dun chinés coas sete pezas do tangram, en menos tempo que o equipo rival!
Foron catro semanas de facer números, usar a lóxica para atopar respostas, practicar o control espacial e máis cousas que tiveron aos participantes (bravo por eles/as) ben "enrollados" para conseguir a máxima puntuación posible. Visto o resultado, teredes que convencer a Rosana e demais compoñentes do equipo de biblio para que repita o concurso o ano próximo!!
Felicidades campións e felicidades a todos os participantes.

2 comentarios:

marta 1 b dijo...

hola emilio. a donde vas subir as fotos que sacastes en carnaba???

chispum dijo...

Ola, Marta...e se poñemos "ele" a "carnaval" (tamén chamado entroido en enxebre)?