PETANDO NA PORTA
Hoxe petounos na porta da biblioteca Xabier Docampo.
Entre as 3 e as 5:30 da tarde, Xabier someteuse ao interrogatorio (3º grao) dos lectores e lectoras do club de 1º e 2º, que o acribillaron a preguntas e
comentarios de todo tipo, e que el tivo a pacencia e vontade de contestar unha a
unha. Non contento con isto, apagamos todas as luces de biblioteca e, á luz das
velas, regalounos dous contos de misterio, contados ao xeito no que se contaban
antes, ao calor do lume, con todos os rapaces calados coma petos. Logo disto e dalgunhas
preguntas máis, rematou firmando exemplares e deixándose fotografar con cantos
quixeron. Unha tarde estupenda en compaña dun gran escritor e defensor do noso, e dun amigo. Grazas, Xabier. Volve cando queiras!
2 comentarios:
Holaa!!(:
Bueno o primeiriño de todo dar as grazas a Xabier P. Docampo por vir ata aqui e contestar a todas as nosas preguntas e tamen darlle as grazas a Silvia e a Emilio porque se non fola por eles penso que Xaabier non estaría o Miércoles pasado con nós.
E tamén quero botarlle a bronca a Emilio por ser capaz de Subir unha foto miña a cal salía FATAL...
Bueno pois eso Graciiñas:)
Que fácil resulta imaxinar a todos arredor dunha lareira...ben x esta rapazada que revive os tempos idos...
Publicar un comentario