6.5.15

CABRAS BOBAS e COCORICOS
 Non, as da foto non son nin as Cabras bobas nin os Cocoricos, son as do club de lectura de 3º e 4º que hoxe tiveron a valentía de poñerse diante de tres clases, tres, de rapaces e rapazas de Infantil dos coles de Camariñas e da Ponte do Porto, para contarlles as aventuras de Miguel e a súa cabra boba (que anda subida polos tellados) e as do pitiño Cocorico, que case, case, desaparece na boca do gato peludo (por comellón). Unha experiencia estupenda para nós e tamén para os "ananos", que polas caras que poñen parece que o pasaron ben. Graciñas ás chicas do club (que xa saben que as quero mal) e ao profesorado dos coles de primaria, que nos facilitaron a vida todo o posible. En breve colgaremos algún vídeo pero mentres aquí quedan unhas fotos de testemuña. Repetiremos outro ano??

6 comentarios:

Tania Suárez Lema3-B dijo...

Encantoume estar con esas pedazos compañeiras mais co meu profe Emilio e cos enanos e enanas que eran super cuquis y super educados eu x min repito encantada foi genial este dia

Xaquín dijo...

Carai e eu pensando que as princesas eran cousa de contos, hai que recoñecer que estas alumnas ben merecen o título de princesas do teatro (e ademais solidarias cos que empezan a "sufrir" a escola)...

Guada dijo...

Muchas gracias Xaquin por tus palabras jajaja Pues nosotras queremos repetir! :)

yanira dijo...


gustame moito esa actividade e gustariame probala

marta 1B dijo...


gustariame facela cos meus compañeiros

yaiza 1B dijo...


seria moi divertida facela tamen