ILLA de SAN SIMÓN
Unha illa pequena cunha historia moi grande! Fomos saber algo máis dela os dous clubs de lectura do instituto. Fomos acompañando a "Sara" en busca do anel que alí deixara o seu tío na época na que a illa funcionou como cárcere. Fomos buscando a luz que fixera fuxir as "noites de voraces sombras". E algunha sombra atopamos, que a néboa e o vento non quixeron deixarnos disfrutar plenamente do paseo en barco. Pero aínda así atopamos algunha que outra sorpresa: canóns de barcos afundidos, camarotes de capitáns de galeóns, cofres cheos de moedas... de chocolate! E para remate do día, comida, piscina e praia en Samil que non todo vai ser literatura, non si? Unha boa despedida para todos (case) os lectores e lectoras do club, co desexo de que teñan un verán cheo de historias bonitas. Outras xa as atoparemos o vindeiro curso metidas entre páxinas! E ás que se van... xa saben que as portas do club seguen abertas. Vémonos!
4 comentarios:
Sempre digo o mesmo... as leguas que se fan lendo non cansan moito pero fan medrar un montón...
Dá gusto ver tantas caras sorrintes. Como se goza da boa compañía e que gusto produce poder aprender e ensinar fóra das paredes da aula! Alguén me dixo que aprendera cousas moi interesantes ese día, pois xa pagou a pena. Gocei un montón con todos e todas e dáme pena que o instituto non sexa rico para poder facer máis xornadas destas. Ata o próximo curso lectores e lectoras, conto con todos e todas no club do próximo ano. Se non podemos viaxar fisicamente farémolo a través da imaxinación, guiados polas aventuras que nos brindan os libros.
Emilio como eres capaz de subirme durmiendo!!!!
Bueno pero hay que admitir que se pasó muy bien en la excursión estoy deseando volver a irnos de excursión el curso que viene!
Me encantó esta excursión, creo que ha sido la mejor de todas a las que he ido desde que estoy en el club de lectura. El sitio era precioso pero la historia que ahí había, era fascinante. Me gustaría volver algún día con más tiempo para poder sacar fotos y saber más sobre la historia que en esas islas hay.
Publicar un comentario