19.6.15

MARCHANDO!
Marchando para a praia e marchando para casa, que isto, por este ano, remata! Parece mentira pero é certo: xa estamos a fin de curso! E penso eu que foi un bo curso. Polo menos eu paseino ben, con xente estupenda (si, a pesar das broncas, si) e seguro que vós tamén. Unha marchiña coma esta (na que algún/nha recordou que tiña pernas para andar, que xa case o tiña olvidado...) é unha boa forma de despedida. É un xeito estupendo de atoparnos uns aos outros sen deberes polo medio, sen traballos que entregar, sen saídas ao encerado, sen ter que facer presentacións diante dos outros... a que si! Pois veña, que as festas están esperando por vós e o sol e a praia tamén. Ah, e tamén ese libro que non puidechedes ler antes e que tamén espera.
BO VERÁN A TODOS!!

6 comentarios:

xaquin dijo...

Como será posible qie , vistos así "en mogollón" e tan contentos, ata parece que se van botar de menos... fan que un esqueza eses momentos nos que se atrincheran na súa mesa e poden ata ser desagradables!!

chispum dijo...

E non será que te estás a facer maior e as neuronas se che reviran un montón???

Silvia dijo...

Foi un día estupendo!! unha boa despedida para un gran curso. Vémonos en setembro, con forzas renovadas. Feliz verán!

Anónimo dijo...

Tuvo que ser un día estupendo!!!

Equipo 4 dijo...

Que guapos salen todos!

Anónimo dijo...

parece divertida