25.11.15

SEMPRE VIVAS
Hoxe, para lembrar este 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, xuntámonos rapaces e rapazas do centro de Primaria de Camariñas, de A Ponte do Porto e do noso Instituto para ler, diante do Concello e co seu patrocinio, un comunicado conxunto deixando claro que este tipo de xente non ten cabida nunha sociedade moderna e igualitaria.
Rematada a lectura do comunicado o Alcalde axudou a Oumaima, a gañadora do concurso de carteis, a facer a primeira pegada do mesmo na fachada da Casa Consistorial, seguida logo por outras rapazas e rapaces que completaron a pegada. Algo máis tarde Oumaima tivo unha intervención estupenda en Radio Nordés, que podedes oír aquí.

1 comentario:

chispum dijo...

Flipando, alucinando sen droga algunha me quedei escoitando a nosa Omaima... e que dicir dese marabilloso cartel que xunta rabia e esperanza...