ADEUS, DAVID BOWIE
David Bowie, a lendaria estrela do rock, icona estética e artística da segunda metade do século XX, faleceu aos 69 anos, vítima do cancro aos poucos días de plublicar o seu último álbum Blackstars. O seu verdadeiro nome era David Robert Jones, naceu en Brixton (Londres) o 8 de xaneiro de 1947 e finou o 10 de xaneiro de 2016 en Nova York.
Comezou a tocar o saxofón cando tiña 12 anos. A súa carreira musical comezou nos 60. O seu primeiro grande éxito chegou en 1969 cunha canción na que narra a historia dun astronauta perdido no espazo e á que titulou Space Oddity utilizada pola BBC na cobertura da chegada do home á lúa. Un dos temas máis coñecidos é Starman. Aquí vos queda para que a escoitedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario