Despois de dedicarlle estas últimas semanas á relectura de diferentes libros de Neira Vilas, este mércores tivemos unha xuntanza do Club Arao de adultos. Léramos exemplares de diferentes edicións (desde as primeiras ata as
últimas) falamos do galego e a súa normativización e da importancia de Neira na difusión da lingua (a moitas de nós facilitounos as primeiras lecturas en galego). Logo, a
partir destas lecturas, recordamos vivencias personais ou anécdotas
relacionadas con diferentes temas: o loito, a emigración, os costumes e a vida
doutros tempos… Foi unha xuntanza moi emotiva. Grazas, Neira Vilas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario