MÚSICA, MAESTROS!
De novo tivemos connosco este ano a este trío de auténticos mestres musicais e, un ano máis, da man de Charo (graciñas).
Sempre que veñen, ademais de tocar estupendamente, conseguen achegar a música a todos (ou case) facéndoa asequible e comprensible. Moito lamentei non poder asistir ao concerto completo porque a verdade é que estaba a aprender moito. Non se me ocorrera nunca relacionar a música, coma arte, con outros conceptos artísticos, como a pintura, e a verdade é que se comprenden mellor moitas cousas. Comprobar a evolución musical, con "probas" en directo e cunha execución tan boa foi unha ledicia. Esperemos que se poida repetir.
2 comentarios:
Un achegamento estupendo (espeluznate íamos dicir, pero quedaba algo gore) á música clásica. Graciñas aos artistas que nos axudaron a entrar polos vericuetos da música clásica... e a un alumnado de segundo que parecia un púbrico con xeito...
Non creo que se note moito, pero o correcto é "espeluznante" (terrorífico)...
Publicar un comentario