26.11.16

RECITAL POÉTICO
Un estupendo recital, en moitos aspectos, o que disfrutamos este venres, 25 de novembro, no noso instituto. Pechamos así os actos da semana "Contra a Violencia de Xénero", algo sobre o que, como dixo Gabriel, nos gustaría non ter que volver a traballar.
Hai que felicitar a todos os participantes así como aos organizadores, porque resultou un acto precioso. Ademais dos Haikus de primeiro e segundo e os carteis de terceiro e cuarto realizados durante a semana o acto final foi un broche de ouro. Contou cunha estupenda presentación de Gabriel, unhas actuacións musicais fantásticas a cargo de  Xabi e de Carla, co remate final de Charo e cos poemas de Alba, que sempre nos sorprende coa fondura de sentimentos e a mesura e precisión na súa expresión.
Gracias a todos os colaboradores, a Damián nas luces, aos músicos e ao público, que nos deixou sorprendidos e encantados coa madurez demostrada.
NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO

2 comentarios:

chispum dijo...

Todos están moi logrados, pero teño que recoñecer na Alba, que hai moita alba... tanta, que parece anunciar que ese día a noite non vai vir...

BibliotecaSabon dijo...

Parabéns por un recital fantástico e noraboa a uns alumnos/as tan talentosos e comprometidos!!!