DE MOMENTO
De momento porque aínda quedan un par de cousiñas por publicar deste 2016, aínda que as vacacións xa están. Pero quería eu deixar algo escrito aquí hoxe mesmo.
Escribo desde o desbordamento. Desbordamento de emocións e de sentimentos intensos que me veñen invadindo desde esta mañá.
Quero dar as grazas a todos, polo afecto demostrado neste día que será imposible de esquecer. Grazas a todo o alumnado (incrible o desta mañá!) Grazas aos que estabades alí e tamén a todos aqueles aos que tiven a sorte de dar clase e que hoxe sentín representados en vós. Que dicir? Sodes estupendos!
Grazas aos compañeiros e compañeiras que hoxe tantas mostras de cariño me deron. Grazas polo afecto, grazas polos agasallos, polas dedicatorias e grazas por ese cartel enriba da porta, por esa honra inmensa que me facedes. E quero dicir tamén que cousas coma esta non as fai unha persoa en solitario, que en todo o que poida levar feito neste instituto nunca estiven só. Sempre é un traballo de equipo, dos que aínda están hoxe ao pé do canón e dos que se xubilaron antes ca min.
Este é un gran centro, e o é polas persoas que o compoñen, da dirección ao persoal de limpeza e de todos e cada un dos alumnos que nel conviven.
A uns e outros grazas por todo, grazas por ser como sodes. Un bico, sempre!
Emilio
3 comentarios:
Graciias a tii x seer como erees Emilioo recordareiche x siempre������
Estou de acordo con Emilio en dicir que o día 21 foi especial.Superou todas as espectativas que tiña sobre o que podía acontecer e unha vez máis, todas e todos os que alí estivéchedes, demostráchedes saber estar e demostrar recoñecemento a quen o merece.
Foi un día moi emotivo e entre todos creamos un ambiente que foi máis aló das despedidas protocolarias. Sentíuse o cariño que vós sodes capaces de dar. Reafírmome na crenza de que alumnado deste instituto ten unha grande calidade humana (que debería ir acompañada dun pouquiño máis de estudo, se permitides dicilo) e que entre todos os que compoñemos a comunidade educativa somos exemplo de que ensinar é algo máis que instruir. É un privilexio formar parte deste instituto. Grazas
Profe dos irmáns maiores, profe meu e do meu fillo, profe de xeracións, profe por vocación, dos que poucos quedan, profe dos que deixa unha pisada en ti . Moita sorte Emilio na nova etapa da vida.
Publicar un comentario