8.1.17

A DESPEDIDA
Case case me convencedes para quedar no instituto un ano máis... !!
Non, en serio, a verdade é que foi unha marabilla e aínda hoxe me emociono recordando esa mañá. Recibín moito afecto de todas partes, moito máis do que esperaba recibir. Xa contei algo nunha antrada anterior neste mesmo blog e insisto: sodes estupendos! Sempre estiven convencido de que esta profesión de profe é unha das máis importantes que se poden exercer, pero agora tócame entrar noutra etapa!
Dáme un pouco de "nonseique" falar de min mesmo nesta entrada, pero dado que sempre tentei contar o que pasaba no insti, terei que poñer tamén o que pasou ese día, así que aquí deixo o vídeo para quen teña gañas e paciencia de velo. E aínda falta un...

5 comentarios:

Begoña dijo...

Norabóa a Emilio pola súa xubilación e norabóa á comunidade escolar do IES Pedra da Aguia por disfrutar de tantos anos do bo facer do voso profesor e "bibliotequeiro".
Unha aperta forte desde outra biblioteca amiga no IES Fernando Esquío de Neda.

Charo dijo...

O meu agradecemento pola túa dispoñibilidade sempre que precisei axuda para levar a biblioteca do meu centro. A miña alegría ao ver, que te despediron como ven mereces pola túa entrega e entusiasmo como profesor, en tempos en que o recoñecemento social da profesión está en horas baixas. ¡Benvido ao mundo dos xubilados! Unha aperta e moitos bicos, profesor. Charo

Charo dijo...

Perdón, acabo de ver un erro ortográfico, "ben mereces". Outra aperta.

Alba Cantalejo dijo...

Bueno Emilio,pareceme raro que non che volva a ver no instituto...Non che vou negar que vendo o video da tua despedida e ese maravilloso detalle que tiveron de poñerlle a biblioteca o teu nome, pois saltaronseme as lágrimas pero non foi o video en si, e pensar en que xa non haberá ninguen coma ti capaz de facer reír a unha persona ainda que esa persona esté enfadada ou triste se ría contigo, porque Emilio foron 18 anos os cales eu estuven 3 e neses 3 anos fixesteme rir, enfadarme contigo pero sobretodo rir...Emilio que esto é solo un "ATA SEMPRE" para os rapaces do I.E.S.PEDRA DA AGUIA,e para min como para moitos rapaces mais E un Ata logo.
Emilio xa non che vou a decir eso de "espero que foran os mellores anos da tua vida no instituto" porque xa o sei,como tamen sei que os que estiveron traballando contigo foi un agrado traballar contigo.
Xa non che vou a decir "todos os rapaces do instituto" se non para min tamen foi un agrado que me deras clases.
Sinto non poder estar na tua despedida.
Dende aquí mandoche un bico e un abrazo mooi forte.

Libraco dijo...

Graciñas, Alba. Espero polo bico e o abarzo "en vivo e en directo"!