Día de campo……. a través mollado
O venres 27, 18 intrépidos/as atletas do instituto participaron na fase intercomarcal de campo a través na
Serra de Outes. A pesar da choiva non quedaron na casa e demostraron una vez
máis o dito: se chove, que chova!
Máis de 500 participantes e algunhas caídas (xa que o circuíto estaba
propio dun día invernal coas follas das árbores cubrindo o percorrido), pero bo
ambiente e ningunha lesión.
Recibimos o parabén da organización por
ser un centro público (había clubs federados), que conseguira clasificar un
número tan elevedo de participantes. Pero a nosa sorpresa foi maior cando
comprobamos que volviamos a casa con 8 medallas!:
Individuais
|
Carla Valiña: medalla de ouro en infantil feminino.
|
Antonio Luaces: medalla de bronce, cadete masculino.
|
|
Equipos
|
Sergio Lamas, Pablo Martínez, Ádam Méndez, Sergio Paz, Daniel Luaces e
Jairo Campaña: medalla de bronce, infantil masculino.
|
Parabéns a todos e
todas!
Clasificáronse para a fase provincial
Carla e Antonio.
1 comentario:
Que chova, que chova! Os do Pedra da Aguia poden con todo. Bravo!
Publicar un comentario