O martes 30, despedimos maio dun xeito festivo. Que mellor forma de
homenaxear a Carlos Casares que representando una obriña súa! O grupo de teatro
de 1º de ESO do instituto representou a obra: “As laranxas máis laranxas de
todas as laranxas”. Da man de Mónica, Susana, Begoña e Yolanda, a nosa compañía
particular de teatro fíxonos disfrutar dunha divertidísima obra onde un limoeiro dabaunhas enormes laranxas que
estoupaban cando se lles tocaba. Ao seu redor xúntase unha colección de veciños estraños.
"Sentadiñas no pantalán a velas vir e deixalas pasar..."
Tamén atracou no IES Plurilingüe Pedra da Aguia o grupo Blues do País, unha formación musical que reivindica que o Blues e Soul se pode cantar nunha lingua tan fermosa coma o galego.
Despois do xantar, escoitamos a voz profunda e desgarradadora de moitas recolectoras e recolectores de algodón.
As letras das súas cancións están cheas de retranca e ironía, reivindicando non so o papel da muller senón tamén da cultura autóctona.
Voces como Etta James e Janis Joplen saen da gorxa de Bietta James nada en Oza dos Ríos un 25 de abril. Pepe King, tamén coñecido pola súa familia e amigos como Brais, naceu en Camos, Nigrán e co son das ondas do mar afinou a súa guitarra en solitario. Foi perfeccionando a súa técnica cando chegou a puberdade, e o seu arte eclosionou no grupo Sacha na Horta.
En Compostela, un día primaveral, a voz de Bieitta e a harmónica de Brais conseguiron tuinguir de branco e negro a cidade, e comenzaron a súa andaina musical. Levan tres anos percorrendo Galicia e mesmo traspasando as fronteiras da Península enchendo os Centros Educativos de boa música e moita retranca, sempre cun estilismo acaído ao rural porque no “estrume tamén hai superstars” e iso ben se ve!

No hay comentarios:
Publicar un comentario