13.1.18

POEMAS PARA COÑECERSE
Hoxe en santiago, na libraría Lila de Lilith, a nosa querida ex-alumna Alba Canosa presentou o seu segundo poemario: "Conocerse".
Foi un acto cargado de emoción, e de risas cómplices, presentado por Silvia, no que se falou sobre as orixes e os porqués da súa poesía, da xestación dos poemas, da espontaneidade, da súa negativa a que ninguén lle modifique nada do escrito, da necesidade de escribir, de non repetirse, de escribir desde as entrañas...
Para os seus ex-profes, que coñecimos nun principio unha Alba (moi) difícil na clase e unha Alba cercana e cariñosa despois, foi un pracer asistir a un acto coma este. Os seus poemas sírvenlle a ela, pero tamén nos sirven aos demais así que esperamos novos poemarios e estamos seguros de que ten por diante un gran camiño que andar. Noraboa, Alba!
 Podes ver a noticia en La Voz de Galicia aquí

5 comentarios:

Unknown dijo...

Moitas grazas por regalarnos palabras e sentimientos; a túa poesía fixo aflorar un sinfín de emocións. Foi un pracer compartir eses momentos poéticos con vós

chispum dijo...

Unha marabillosa xuntadora de palabras. Dá a sensación de andar polas profundidades para arrancarnos algo como diamantese en bruto... nos congratula pensar no seu futuro... ánimo Albucha!!

Adri2C dijo...

dixeronme que foi interesante.

Lucia dijo...

Felicidades e suerte Alba.

TaniaSL dijo...

Sei perfectamente que miña prima vai chegar a mui lexos... Orgullosa de tii priii!!!! E tamén ten unha excelente profesora e muller que é Silvia