26.5.18

PREMIO EN SANTIAGO
Estamos que non paramos no Insti. Agora un gran éxito do alumnado de Oratoria en Santiago! Ante todo a noraboa aos participantes e a Silvia e á súa santa paciencia de comidas e tardes no Instituto. Pero os resultados non están mal: de toda Galicia, con 10 equipos seleccionados, tres eran do noso centro (só outro centro de Vigo tiña 3, e eran de 3º e 4º) e un deles premiado cun terceiro premio (e outro que non nos deron pero que todos sabemos que era merecido). En calquera caso a participación e os logros están aí. Pasados os nervios iniciais todos quedamos contentos coa experiencia e aprendemos para futuras ocasións. Deixo aquí unha mostra do que pasou e tamén as montaxes de vídeo envíadas ao concurso:

3 comentarios:

Silvia dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Silvia dijo...

Quería dar os parabéns a todos e todas, non só polo resultado final, que tivo premio!!!, tamén polo esforzo deste último mes para chegar ata o final.
É un pracer ser profe de tan bos e boas alumnos e alumnas. Parece que isto do ben falar e de facelo de xeito correcto e elocuente vaise poñendo de moda.
Tamén quería dar un agradecemnto moi especial a Emilio. Sen a súa axuda o resultado non tería sido o mesmo. Tamén por estar connosco en santiago epoder ter estes recordos que compartir.
Alguén dixo: o ano que vén máis!

lucas 1 b dijo...

encantoume