Rosalía está feita unha moza! 140 anos non son
nada!
Se non existise unha data para ela, habería que
programala. Sendo a primeira autora en
ser homenaxeada no día das nosas Letras, pola súa trascendencia, era ben
merecente dunha xornada propia. Niso estamos, conmemorando o día do nacemento
de quen poetizou con valentía hai máis dun século, o amor... non sempre feliz,
a situación da muller ou problemáticas sociais que afectaban á Galicia de antes
ou de hoxe, segundo se mire...
Desde a
Biblioteca, en colaboración cos departamentos de Lingua Galega, Lingua Castelá,
o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega, e o departamento de
Música, quixemos organizar un tempo e un espazo, para para dar voz e
continuidade ás inquedanzas da autora de Padrón.
O acto consistiu no recital dunha escolma de
poemas a cargo do alumnado. O recital estivo
acompañado musicalmente por Federico Vázquez e Rebeca Romero, á guitarra e ao clarinete, respectivamente. A poesía e a música ligan ben e o ambiente durante
o acto foi especialmente emotivo.
A continuación, repartíronse os agasallos do
concurso de deseño de botes portalapis con motivos florais e rosalianos, desenvolvido
nos recreos da semana previa no vestíbulo do centro.
...E as gañadoras foron!:
1ºpremio: Paula Vázquez (1º ESO)
2ºpremio: Mouna Thiam (3ºESO)
3º premio: Ainhoa Rego (3ºESO)
Tampouco faltaron uns detalles para todo o
alumnado participante xa leran poemas, xa colaborasen no deseño da cartelería
para a homenaxe deste ano.
Velaquí unha mostra da orixinalidade e sentido do
humor desta rapazada!
E xa, para poñerlle punto e final, o auditorio
cantou a versión de Amancio Prada do poema “Adiós ríos, adiós fontes”, que xa
se ten convertido en todo un himno popular.
Esperamos que actividades coma esta sirvan para
dar a coñecer tanto a figura, como os valores que inspiraron a obra de Rosalía
de Castro entre a xuventude.
1 comentario:
Arriba españa carajo
Publicar un comentario