22.3.20



Fallece la profesora Auri Guerrero Adeus Auri, compañeira

Deixáchenos coa chegada da primavera e entrando a celebración do día da poesía, curiosas coincidencias. Amante da natureza. O teu xardín, coidado con esmero, sempre foi a miña envexa. Colaboradora incansable da biblioteca e promotora de iniciativas sen fin. Sei que seguirás entre os libros que tan coidadosamente forraches, entre a selección de títulos que considerabas que non podían faltar, co teu empeño constante porque a Lingua Galega tivese o papel relevante que lle correspondía na biblioteca do noso instituto. Si, e digo o noso, porque fuches capaz, en tempo récord, de que comezase a funcionar. O mesmo abrindo caixas, colocando mesas ou indo a casa para falar por teléfono (non había móbiles) e no instituto non había máis nada que paredes. Cantas horas dedicadas a que todo funcionase e que os retos se cumprisen!
Déchesme forza e acompañáchesme nesta profesión, marabillosa profesión! e xuntas defendemos a nosa lingua, aínda que nos primeiros tempos tróuxonos máis dalgún desgusto.


Foi unha sorte inmensa contar contigo neste camiño de vida persoal e pedagóxica. Sempre estarás entre nós.

Silvia

No hay comentarios: