Un curso máis a Biblioteca Escolar pon en
marcha o programa da Hora de Ler. Trátase dunha iniciativa na que durante unha
hora á semana, facilitamos un tempo e un espazo para fomentar o gusto pola
lectura entre a comunidade educativa. Estimular o hábito lector e asocialo ao
pracer dun tempo de calma mentres ampliamos os nosos coñecementos nas máis
diversas áreas, son un obxectivo a medio-longo prazo. Normalicemos a lectura no día a día!
No hay comentarios:
Publicar un comentario