21.1.21

Relatos con premio!

Escribir ao xeito ten premio na nosa biblioteca! Vai alá un mes desde que lanzamos o certame de relato curto polo Día Internacional dos Dereitos Humanos, e a pesar das dificultades das últimas semanas por causa da Covid, o noso alumnado animouse a crear varios relatos coa axuda do profesorado de linguas. Desde o dereito a vivir en paz, pasando polo acceso a educación ou a emigrar na procura dunha vida digna, os textos recibidos foron un pretexto para pararse a pensar e decatarse de que o lugar de nacemento pode condicionar a vida dunha persoa. A reflexión está feita e o certame xa ten gañador e gañadora. Velaquí o alumnado afortunado:

Categoría A (1º e 2º ESO): Marcos González

Categoría B (3º e 4º ESO): Paula Carril

Parabéns! Que disfrutedes do voso premio no comercio local de Camariñas! 

No hay comentarios: