Esta semana conmemoramos o Día Internacional do Dereitos dos Animais falando sobre cales son estes dereitos e, tamén, das responsabilidades das persoas en relación aos animais domésticos. Neste sentido, fixemos unha lectura do libro "Animales como tú" sobre algunhas das historias de animais de granxa recollidos pola Fundación Santuario Gaia.
Foi bonito comprobar que a gran maioría do alumnado ten animais na casa e que están concienzados no coidado e benestar destes. Como dicía Mahatma Gandhi; "Un país, unha civilización pódese xulgar pola forma en que trata aos seus animais".
Aquí vos deixamos algunhas das fotos realizadas durante a actividade.
1 comentario:
Que gustazo ver tanto movimento na biblioteca! O lugar de encontro de traballoos de clase, de clubs de lectura... unha biblioteca viva!
Parabéns ás encargadás e parabéns ao alumnado participante.
Repito, un gustazo!!
Publicar un comentario