A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.
Desde a Biblioteca propoñemos unha actividade para celebrar unha semana de afectos co motivo da Candeloria e do San Valentín.
Que?
Invítase ao alumnado a realizar algunha destas actividades:
Escritura de cartas de afecto. Insistiremos en que o tono das cartas sexa o adecuado para evitar así cartas de burla. Por tal motivo, poderán ser revisadas.
Realización de figuras de plastilina
Realización de debuxos ou ilustracións.
Elaboración doutras manualidades ao gusto: colares, origami,...
*Todo o material estará dispoñible na Biblioteca.
Cando?
Estas actividades realizaranse entre o 2 e o 9 de febreiro.
Todo o material elaborado depositaranse nuns buzóns localizados na entrada da biblioteca. Importante: escribir o nome no sobre da persoa á que vai destinado o agasallo.
O día 14 de febreiro repartiranse os agasallos ás personas destinatarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario