Hoxe o alumnado de 1ºESO recibiu no instituto a Antía Yáñez, autora do libro O misterio de Portomarín, o cal leron na materia de Lingua Galega. A autora explicoulles os motivos de escribir un misterio ambientado nesa vila e fíxolles un recorrido fotográfico do lugar. O alumnado resolveu a súas dúbidas e fóronse animando a preguntar a medida que o encontro avanzaba.
Tamén o alumnado dos Clubs de Lectura desfrutaron da presenza da escritora, e o encontro foi moito máis íntimo, rodeado de preguntas máis persoais e no que espertaron novas paixóns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario