18.10.22

Encontro con Ledicia Costas

 A escritora Ledicia Costas, autora de títulos moi coñecidos entre o público infantil e xuvenil como "Escarlatina, a cociñeira defunta" ou "O corazón de Xúpiter", manterá un encontro co alumnado de 2º ESO e 4º ESO o vindeiro martes, día 19 de outubro. As xuntanzas realizaranse a terceira hora (2º ESO) e a cuarta hora (4º ESO) na biblioteca escolar.

Ledicia Costas falaranos sobre as súas obras e tamén asinará os exemplares do alumnado que así o desexe.
A escritora viguesa comezou o seu labor literario sendo unha adolescente, cando publicou o seu primeiro libro, "Unha estrela no vento", e dende entón acadou numerosos premios e foi traducida a varios idiomas.



O encontro coa escritora foi anecdótico, cheo de historias para recordar. Os rapaces e rapazas disfrutaron moito e sentíronse moi cómodos grazas ao comezo da conversa coa escritora. Ledicia amosouse a eles/as con tanta naturalidade que fixo que se sentiran confiados de participar e de facerlle todo tipo de preguntas.

Estas son unhas das imaxes do encontro.




Alumnado de 2ºESO



Alumnado de 4ºESO



No hay comentarios: