19.1.11

ESCAQUES V
Chegoa a hora das batallas: xa está aquí o torneo Escaques, que este ano cumple a súa quinta edición. Os 'xenerais' teñen esta semana para apuntarse e para ir preparando os seus 'exércitos', xa que a seguinte semana comenza a 'guerra'.
Para aqueles que queiran ir practicando, ou os que aínda non teñan de todo craro os diferentes movimentos das pezas, nesta páxina (entre moitas) podedes xogar vendo sempre os posibles movimentos de cada figura que marquedes co rato. Estupendo para aprender.

12.1.11

VOLVE A
HISTORIA ANDANTE
Xa temos en marcha a Historia Andante deste curso.
Sabemos como empezou pero nin idea de como rematará. Iremos comprobando o crecemento da criatura neste mesmo blog. Xa veremos se nos sae un bebé bonito ou un monstro tipo Gremlins. En calquera caso seguro que os participantes, alumnos e profes, pasarémolo ben poñendo os 'ladrillos' do edificio.
Os capítulos que vaian saíndo poderedes lelos no 'libro' que estará colocado na barra lateral deste blog. Quen acerta como vai seguir a historia??

21.12.10

FELICES FESTAS
e FELIZ ANO
Xa chegamos a fin de ano! Comezamos as vacacións e a biblio despídese ata o ano que vén.

Queremos dersexarlles a todos e todas os que convivimos no centro unhas festas estupendas e que o ano que nace sexa mellor que o que se vai!

Pasádeo ben nas vacacións, disfrutade (cun bo libro nas mans aínda mellor) e descansade moito para chegar en xaneiro 'a tope'.
Para dar exemplo, aquí podedes ver como nos tomamos as vacacións os do equipo da biblio.
VÉMONOS!!

Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!
PLAY & WIN
Xa rematou o torneo de basket dos recreos. Tedes máis información e algunhas imaxes da final, coma sempre, en Pedras do Vilán. (Por certo, agora que non nos escoita ninguén: a alguén se lle ocurreu a idea de agradecerlle a Javier a organización do torneo e o feito de estar dispoñible para vós durante os recreos...?)

19.12.10


VILÁN, O NOSO BOLETÍN
Xa está nas mans dos asiduos á biblioteca o número 11 do boletín Vilán. Nel recollemos as novas que se produciron en relación coas actividades que realizamos ao longo destes meses desde o inicio do curso: os clubs de lectura, as mochilas viaxeiras, os microrrelatos do Samaín, as tarxetas vermellas contra a violencia de xénero...
Gustaríanos contar cun equipo de xornalistas que colaboraran connosco na redacción desta pequena publicación. Se houbera alguén interesad@ estariamos encantados. Animádevos a colaborar, é moi sinxelo, só se trata de recoller imaxes e información ao longo do curso. Poñédevos en contacto co equipo de biblioteca.