Según fontes oficiais ben informadas, na mañá do día 16 de febreiro, na biblioteca IES Pedra da Aguia, produciuse unha fuga masiva de personaxes de contos populares. Parece ser que despois da fuga, os personaxes tomaron ao asalto os corredores do centro, así como a sala de usos múltiples, onde tiveron a cara dura de celebrar un desfile, con teatro e bailes incluídos. Non contentos con iso, e para repoñer forzas, atacaron sen piedade canto pastel, filloa ou orella atoparon no seu camiño, ben acompañados por un saboroso chocolate procedente da cafetería do centro. Unha vez ben fartucos, voltaron á sala de usos múltiples para poñerse a bailar coma tolos ata que decidiron abandonar o recinto, a iso das dúas da tarde.
O bibliotecario, desolado ante os feitos mencionados, anda a procura dun tal Shrek, que parece que controla bastante do tema, para ver se el é quen de devolvelos aos seus respectivos libros. Asegura que conta con probas que demostran que todo o que di é certo, e que quen queira ver algunha non ten mais que picar aquí.
2 comentarios:
Felicitacións aos prófugos que deron boa conta desas enxebres viandas!
Noraboa a Emilio polo estupendo blog!
E viva o Entroido!
Sau2, Enrique (o de Inglés)
ben montado "lobo" todo saliu a pedir de boca sodes us profes guays de nay lastima non tervos en terseiro (sobre todo en ingles e castellano q menuda caña nos estan dand
Reconoser desde aqui a laboriosa lavor de EMILY como presidente-xerente deste blog como tmane desa especie de revista do centro
Publicar un comentario