PALABRA NAMORADA
Chegou San Valentín e con el as flores aos corredores do Instituto. Chegou tamén o certame Literario "Palabra Namorada". Tedes á vosa disposición un poemario (incompleto, claro!) para os que queirades participar. As bases podedes lelas premendo aquí e o poemario podedes velo na columna da dereita deste blog. Picade encima e verédelo en grande.
Recordade que podedes participar con poemas en calquera das linguas que se estudan no insti e que podedes entregar un en cada lingua!
E ollo, que parece tamén hai profes dispostos a rimar, pero tranquis que os vosos premios están asegurados!
3 comentarios:
Pode ser
que as gañas de facer
fabriquen un novo mencer,
pero con tanto fotolog
poden mudalo en solpor.
Con este persoal que nos arrodea, resulta difícil sentirse namorado da profesión docente, pero o responsable da biblioteca debe estar feito de material incombustible.
Graciñas por estes cachos de sentimento feitos detalles informáticos.
CORAZON ROTO.
Con xesto canso sentou na última rocha do acantilado. Baixo el a soas empeñábanse en atacar ás indiferentes pedras da beira. O frío vento invernal azoutaba o rostro do rapaz á vez que revolvía o seu pelo.
Unha bágoa deslizouse suavemente polo seu rostro e despois emprendeu un voo mortal ata o fondo do barranco. Abaixo a doce gota de tristura atopou unha máxica combinación co terrible e salgado líquido mariño.
Un suspiro escapou da boca do rapaz. Mirando á lila do atardecer sentíase morrer como o sol que pouco a pouco afundíase no horizonte.
As súas penas non podían ser outras que as penas de amores.¿Acaso existía unha dor máis profunda?.
Mirou ao fondo do acantilado coma se esperase atopar nel a resposta. Non pagaba a pena vivir sen ela. ¿ Porque perdéraa? . Ela nunca llo/llelo dixo, pero el sentiu que a culpa foi súa.
Agora non tiña nada. Nin sequera razóns para vivir. Volveu mirar ao fondo do acantilado. ¿Para que vivir?. Non había nada que o atase a este cruel mundo se ela non estaba con el. O único que botaría de menos na súa tumba sería aos seus amigos. As súas esmorgas tolas os sábados. Botaría de menos tamén a súa colección de películas e cómics. e a súa biblioteca particular.
Agora que o pensaba, tiña ganas de ver a última película de Disney. E de xogar a última partida do novo xogo da play. ¿ Acaso se ía ir sen escoitar unha vez máis a súa colección de cds? Non podería abandonar os rolling, a Zeppeling, Queen, U2... Entráronlle ganas de volver escoitar "Hotel california".....
Recordou esa vecinita que lle pedira o recopilatorio de mecano. estaba ben boa .Podría ir a pedirlle que lle devolvese o cd e de paso aproveitar para invitala a tomar un café.....
¡ Grande Idea! . Ergueuse da rocha e cun soriso descendeu polo camiño. A vida volvía a ser estupenda .
Xa espera un atopar poucas cousas que animen, e un é certamente combustible, pero de cando en vez caen perlas en formato informático que arrastran os pes un pasiño atrás, separándoo do acantilado para volver a escoitar aqueles sons aínda que non haxa 'veciñas' (con perdón).
Publicar un comentario