En lembranza de RAMÓN PIÑEIRO
Hoxe, organizado polo ENDL e a biblio, estivo con nós Serafín Marcos para recordar a figura de Ramón Piñeiro. Asistimos a unha representación que tardaremos en esquecer porque a todos nos sorprendeu. Este profesor de guitarra do consevatorio de Noia tívonos a todos en vilo, pendentes do que ía ocorrer a continuación, porque sempre era inesperado. Ao final aclarounos que as diferentes partes do espectáculo tiñan relación con diferentes momentos da vida e da obra de Ramón Piñeiro, que nos toca agora a nós identificar: a infancia, a Guerra Civil, a loita clandestina, a filosofía, a saudade, Galicia, a lingua...
Serafín marchou contento, dicindo que todo funcionara moi ben e que a xente reaccionara moi ben, pero isto non o podemos dicir en alto, que logo o alumnado anda por aí todo creído. Ssshhhh...!
2 comentarios:
Bueno pos que decir...a obra no principio parecia aburrida,pero despois empezou a festa.
Cando tirou a mesa, a verdad hai que disila asusteime pensei que caiu da mesa.
E dou moita risa o da pelea dos muñecos jajaj o gorro que puxestes.
Espero que o leas(Serafín)
Si teño algunha falta de ortografía non vos riades.
Menudas festas vos montades. Serafín é un crack! Bótovos de menos.
Ramón
Publicar un comentario