13.5.09

PEDRAGUIWOOD 2
"El reeetolllno"
Hoxe 'retolnamos' a traballar no audiovisual cos de 1º. Seguro que de agora en diante entenden mellor como se fai iso da TV e, como dicían Jairo e Elena, pensarán nos eléctricos, nos microfonistas, nos técnicos de son e vídeo, nos equipos de VTR, nos maquilladores...
Os monitolres prometeron que cando o teñan preparado nos mandarán o DVD co 'informativo' que gravamos hoxe e que seguro que todos queren ver. A min non me preocupa tanto o que saia no disco; impórtame máis todo o que había arredor da gravación e o que aprendemos facéndoo. Eramos un equipo de 25 persoas e todas tiveron o seu papel, todas cumpriron e o programa saíu adiante. E, ademais, polo que dicía Jairo ao remate, funcionou mellor que noutros sitios. Ben por nós!!
Aquí tedes outras poucas fotos de mostra mentres esperamos polo vídeo. Ah, por certo, pasade o rato por riba das fotos!

1 comentario:

Auri dijo...

Eu estiven un anaquiño alí, vendo como gravaban o informativos e de verdade que era impresionante ver como traballábades cada un no seu. Noraboa, rapaces e rapazas!