A área de igualdade do Concello de Camariñas eo I.E.S. Pedra da Aguia de A Ponte do Porto, organizan o primeiro concurso de curtametraxes realizadas polo móbil:
A igualdade: Missión Possible.
Mira os vídeos atentamente no Canal Vilán de Youtube e logo vota aquí debaixo polo teu preferido:
Esta actividade participativa de sensibilización e prevención ten como pretensión principal que a mocidade desenvolva a súa creatividade por medio de visibilizar a situación de desigualdade que viven moitas mozas en situacións cotiás na nosa sociedade por medio do uso das novas tecnoloxías. Preténdese que o alumnado participante forme parte de todo o proceso de elaboración da peza e sexa protagonista da súa propia aprendizaxe.
Das catro curtametraxes resultantes elixiranse as dúas mellores, por medio dun premio a mellor curtametraxe elixida por un xurado especializado e un premio ao mellor corto elixido polo público. Os premios non poderán ser acumulativos. Se o premio do público coincide na curtametraxe galardoada polo xurado, será a seguinte en orden de votación a que obteña o premio.

1 comentario:
Hai que dicir que facer o video foi moi divertido! A demais de que sempre se aprende!
Calquera dos 4 poden gañar porque están moi ben, sería moi complicado elixir un, pero claro, sempre tiras máis polo que fixestes ti, as cousas como son!
Eu ánimo aos alumnos de 1º que pasen para 2º que se teñen esta oportunidade se animen a participar que seguro sacan videos coma estes!
Publicar un comentario