Xa víchedes que estamos esta tempada salvando libros por todas partes. Agora acabo de enterarme de que o autor dos cartaces que usamos como 'salvalibros', cos debuxos feitos a base de letras, son obra de... recordades a Alicia, aquela profe de francés que estivo no insti fai un par de anos? Pois o autor é o seu irmán, Jaime.
Alicia mándanos recordos, que di que os ten moi agradables de cando estivo entre nós. Mandámoslle nós tamén un saúdo e un agradecemento polo traballo dos eu irmán, que fixo de xeito totalmente desinteresado e que xa fixera, tamén, os cartaces do curso pasado, aqueles de "Para que les?" Recordades?Vale, pois aquí tedes os libros salvados por cada centro dos que participamos na movida. Aquí tedes os que salvamos nós e os dos centros de Secundaria:
No hay comentarios:
Publicar un comentario