A última lectura realizada por este club foi “Costa do Solpor”
e hoxe tivemos a honra de ser o primeiro Club de Lectura que conta coa presenza
do autor, que tamén se estreaba neste tipo de encontros cos seus lectores. Un
encontro que resultou moi agradable e proveitoso, contando ademais coa vantaxe
de que os lugares nos que transcorre a aventura son perfectamente coñecidos, e
recoñecidos na novela, por todos nós.
Nunha charla moi distendida o autor revelounos segredos da
procedencia de datos, nomes e escenarios da novela, deixándonos ver con
claridade o contexto histórico no que esta se desenvolve, así como as licencias
xeográficas que se permitiu para axeitar o terreo ás necesidades narrativas, se
ben puidemos “percorrer” moitos deles tal como son: Laxe, Camariñas, A Ponte,
Muxía... e tamén os pequenos cabos, praias e enseadas.
Como tantas veces o club de lectura vai máis alá do libro
impreso, permitíndonos neste caso, ademais do intercambio co autor, darlle valor
ao noso, ao que temos na porta da casa e que tantas veces deixamos de lado. Algo
que temos que agradecerlle a Xosé Mª Lema que sempre defendeu o de aquí e sempre
se interesou pola posta en valor da nosa cultura e o noso patrimonio, como ten
demostrado en moitos ensaios e artigos ao longo do tempo.
1 comentario:
Ese libro que nos destedes no club esta mui ben aunque eu sei de que vai a historia (porque sa vin a pelicula) ten unhas partes da historia mui divertidas
Publicar un comentario