20.11.14

REVISITANDO O LAZARILLO
 Hai uns días que un lote (un gran lote) de alumnos/as de 1º e 2º fomos a Santiago para asistir á representación de "El Lazarillo de Tormes", obra que se estivo a ler nas clases de Castelán. A algúns decepcionoulles que a obra representada no escenario se parecese tan pouco á película que coñecían das clases. Pola contra a outros pareceunos un gran traballo dos actores, sobre todo cando explicaron que respectaban a forma de facelo propia da época na que se sitúa o relato.
Completamos a visita cun pequeno "tour" pola chamada Cidade da Cultura, que algúns xa coñecían e para outros foi novidade. Os meigallos (realizados polos profes implicados na excursión a noite anterior) tiveron o efecto esperado e, a pesar das previsións, retornamos "en seco" e a tempo ao Instituto. Quen dá máis nun só día?

4 comentarios:

izaskun1ºA dijo...

A verdá fui muy divertida a excursión, paseino genial hai que repetir

mariajose 2b dijo...

A min gustoume mais o libro que a obra pero de todas maneiras a escursion estubo mui ben

Mireia2ºb dijo...

Como todos os anos foi fantástica, é unha pena que non volvamos os de 2º a esa excursión.

xaquin dijo...

Ui, ui, ui... que acuario máis chachi para pescar algunha que outra imaxe... Xparrow ataca de novo!