18.1.15

MY ENGLISH FRIENDS
Alá fomos, buscar aos nosos amigos ingleses. Atopámolos en Santiago, nun escenario teatral. E polo que me contan parece que o persoal pasouno ben e ademais, sorpresa, moita xente entendeu moito do que alí se falaba.
A verdade é que hai que felicitar ao alumnado que nos acompañou, que demostraron unha vez máis que saben comportarse (cando queren) como debe ser e sempre mellor que outros centros que por alí andan. Tamén hai que agradecerllo aos "pastores" do "rabaño de cabras" (éramos máis de cen!!) que se brindaron a acompañarnos. O único que nos sobrou foi algo de chuvia, que a collemos toda. Non podía faltar a comida e as compras, como non, no centro comercial. Habería vida antes dos centros comerciais!! Eu teño as miñas dúbidas! As fotos, ao completo, xa sabedes onde.

3 comentarios:

María josé 2ºb dijo...

fotos a traisión!!!!!!

MIreia2ºB dijo...

Eso Emilio que é esa foto que parezo un nija?? Pero eso non quitou que fora tan divertida esa excursión!

marta 1 b dijo...

encantame este video poxestes alqunha foto que....jajajjaja