5.5.16

DE OURO
Así foi o século -os séculos, realmente- no que se xuntaron tal cantidade de grandes figuras das artes en España.
Como non podía ser doutro xeito, desde a biblioteca argallamos unha forma de celebrar o 400 aniversario da morte de Cervantes (e de Shakespeare, que somos plurilingües). Pero pensamos que falando de Cervantes sen saber máis nada da época quedaba a cousa un pouco coxa (que non manca), así que decidimos falar un pouco de canto sucedía por aquel entón e duns cantos dos máis notables "compañeiros de viaxe" do pai do Quixote. 
E para que a cousa tivera un pouco da atención que merecía fixemos unha pequena "Guía de visita" da exposición con algunha pregunta e algún pequeno xogo para facela máis levadeira.
Como ademais temos no insti o noso Velázquez particular (léase Brey) acompañamos a expo cuns "photocalls" estupendos para que o que quixera se inmortalizase como personaxe da época, tal como podedes ver neste vídeo de aquí:

1 comentario:

chispum dijo...

Non está nada mal, aínda que, para "estar cos tempos que corren", non viña de máis contar con algún videoxogo que ilustre as andanzas do Quijote... pero supoñemos que as mentes pensantes (gobernantes, empresariais e programadoras) teñen asuntiños máis rentables que tratar...os políticos, por exemplo, andan moi ocupados organizando o país!