ÁNGEL CARRACEDO
Algunhas persoas teñen a capacidade de transmitir non só coñecementos, que tamén, senón actitudes, visións, formas de entender a vida e aos demais. Ángel, certamente, é unha destas persoas.
Temos diante nosa a un dos científicos máis importantes do mundo, que dirixe un equipo absolutamente punteiro a nivel mundial e cóntacho coa mesma naturalidade que che conta, a continuación, canto lle gusta ir pescar a robaliza... Ten unha axenda intensa, con viaxes frecuentes a diversas partes do mundo, Dá conferencias, asiste e inaugura congresos, escribe libros e artigos nas revistas máis prestixiosas e, non me digades como, saca tempo para visitar os centros escolares e demostrarnos a todos que saíndo de Santa Comba (aí ao lado) pódese chegar a calquera lugar... e falando galego.
E para colmo é un namorado desta terra, á que coñece ben (o Faro Vilán non ten ningún segredo para el) e á que defende. Graciñas Ángel, polo que fas e graciñas por adicarnos o teu tempo. Temos este día anotado no calendario da nosa biblioteca e do noso instituto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario