O Pedra da
Aguia
mete medo!
Houbo medo,
mais ou menos, na tarde-noite deste xoves no noso Insti para
pechar o Samaín deste ano.
Logo da comida
e dun tempiño de descanso comenzaron as actividades: talleres de creación de
terroríficas cabazas, xogos de habilidade e busca do tesouro por equipos e
visionado dunha película de terror.
Unha vez
repostos do susto cunha boa cea, chegou o punto máis esperado: “A Espeluznante Contada de Contos de Medo” á
luz das velas, xa na noite pecha, entre árbores esqueléticas, lápidas e
cadaleitos e vixiados moi de cerca por mouchos, curuxas, morcegos e monstros
que ameazaban desde o alto. De primeiro a cuarto, cada quen contou unha
historia, ou un “sucedido”, a cal máis terrorífico, para logo pasar unha noite inqueda
no ximnasio do Instituto, protexidos contra todo mal por un grupo de seis
aguerridos profesores e profesoras dispostos a pasar a noite en vela pelexando
contra calquera ameaza xurdida do máis alá ou do máis acó.
Felizmente
todo rematou sen máis sustos cun bo almorzo antes de retomar a rutina diaria e
entrar, cansos pero contentos, na primeira clase do día. Repetimos?
Aquí queda unha mostra. O que queira máis fotos... na biblio, xa sabedes!
Aquí queda unha mostra. O que queira máis fotos... na biblio, xa sabedes!
3 comentarios:
Non che hai como ser novos, para xuntar soños e desexos e ir perdendo medo ao futuro... e, por certo, o dragón moi conseguido!
Ten moito mérito o traballo de todo o profesorado que se implicou nesta novidosa aventura, sobretodo os que adicaron o seu tempo libre a compartilo cos rapaces,espero que estes saiban valoralo porque a min paréceme un xesto excepcional.
Publicar un comentario