Xa temos gañadoras do Concurso de relatos do departamento de L. Castelá!
A escritura é unha arte
capaz de transportar ao lector a outra realidade, de facelo imaxinar as
súas personaxes, de evocar olores, sensacións; en definitiva, de emocionarnos.
Tamén é certo que non todos os escritores son capaces de logralo, mais neste
certame temos que recoñecer que houbo participantes que nos fixeron sentir e
que non nos deixaron indiferentes cos seus relatos, pero tivemos o difícil reto
de seleccionar aos mellores, é así foi como a balanza se decantou por tres
relatos fascinantes de tres narradoras:
PRIMEIRO PREMIO DA
CATEGORÍA A: Paula Vázquez Blanco (1º ESO B)
PRIMEIRO PREMIO DA
CATEGORÍA B: Érika Blanco Novegil e Marta Baña Cerdeiras (3º ESO B)
As profesoras do
Departamento de Lingua Castelá queremos facer un recoñecemento especial ás tres
persoas que, xunto con nós, formaron parte do xurado e nos acompañaron nesta
aventura literaria, elas son: María Varela Liñares (profesora de Francés) e
Fátima Lema e Mónica Pose (nais de alumnos do centro); tamén queremos agradecer
a presencia de Ana Ignacio e Susana Álvarez, por acompañar as súas titorandas
na recollida do premio e, en definitiva, a toda a comunidade educativa
implicada neste concurso.
Despedímonos de todos vós
ata a próxima convocatoria e advertimos de que nos próximos días publicaremos
os tres relatos gañadores para que gocedes deles tanto coma o xurado tivo a
oportunidade de facer!
No hay comentarios:
Publicar un comentario