A finais do mes de marzo, o persoal da Biblioteca Escolar do IESP Pedra da Aguia asistiu ás Xornadas de Encontro das BE de Galicia. Sempre atopamos inspiración no traballo e suxestións de tanto profesorado que traballa para dinamizar as biblios dos centros de ensino.
Como sorpresa, nesta edición, a ponencia de Alicia Sellés titulada “Bibliotecas e Axenda 2030, tamén na escola” durante a cal reflexionou sobre o rol clave que as bibliotecas xogan para o acceso á información e, por tanto, para o desenvolvemento das persoas e das comunidades no contexto da Axenda 2030 (cultura, coleccións e recursos pertinentes, alfabetización dixital e informacional, conectividade e acceso a contidos, espazos seguros e plurais/neutrais, aprendizaxe autónoma e ao longo da vida)
A nosa biblioteca sábeo ben e por iso é parte importante do traballo interdisciplinar que estamos a desenvolver no Plan Proxecta deste ano, O Mundo que Quremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario