Preguntarédesvos
que é un centón… pois para nós un pretexto para achegar a poesía á rapazada
creando poemas propios a partir de versos prestados. Silvia Plath, Daphné B.,
Las Sinsombrero ou Carlos Negro, son algunhas das voces que inspiran os catro
centóns resultantes en cada unha das linguas de estudo no noso instituto.
Os textos de partida non foron escollidos ao chou, senón que gardan unha
conexión temática: o universo feminino e a loita por facer visible as
desigualdades que o rodean.
A partir destes poemas de autoría variada, o
alumnado foi escollendo aqueles versos que lle resultaron máis significativos
para ir creando un novo texto poético.
Esta
actividade é unha pequena experiencia de colaboración entre os Departamentos de
Linguas do instituto no marco da Biblioteca Escolar, que á súa vez se integra
no programa O Mundo que Queremos, que estamos traballando este ano.
Verso a
verso colleron forma para seren inaugurados o 23 de abril, Día Internacional do
Libro.
Parabéns ás
profesoras e ao alumnado polo traballo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario