2.3.20

Iniciamos a formación de alumnado usuario da biblioteca!


A formación de alumnado usuario é un asunto importante para calquera biblioteca escolar. A nosa non é menos, así que preparamos un material co que facilitar ao noso alumnado de 1º e 2º ESO o uso da biblioteca. Coñecer como se distribúen as seccións de acordo coa CDU, cómo nos poden axudar as etiquetas a localizar os libros que precisamos e a importancia de mantermos a orde en beneficio de todos os usuarios, é do que trata o noso caderno de actividades.

As dúas sesións formativas acabaron cunha xincana con varios itinerarios, onde por equipos, houbo que poñer a proba o aprendido para encontrar ata seis libros no menor tempo posible! O material usado nestas sesións deixámolo dixitalizado, por se for útil a outra biblioteca escolar. ;-)


Unha mostra do proceso pode ser vista AQUÍ.




No hay comentarios: