- PAZ?????????????
- PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
- PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
- PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
- Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
- Utopía imposíbel.
- Palabra que xera poesía.
- Poesía? Poesía e Paz.
- Tanques de algodón
- Armas de caramelo
- O noso soño
- O noso desexo
CONSPIRACIÓN POLA PAZ
As Bibliotecas Escolares xúntanse a conspirar pola Paz, e fan cousas tan fermosas coma esta:Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.
Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.
Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.
1 comentario:
Acabades de emocionarme. Felicítovos de corazón.
Teño unha filla adolescente que onte, simplemente, tivo algunhas clases.
Ás veces, como docentes, perdemos excelentes oportunidades de millorar o mundo.
Noraboa.
MESTRES
Publicar un comentario