CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Durante
esta semana o alumnado do Insti realizou diferentes actividades de
sensibilización e toma de conciencia dunha problemática moi preocupante
na nosa sociedade. En 1º e 2º ESO, dende a materia de lingua galega,
realizáronse uns haikus ilustrados, mentres que en 3º e 4º ESO optouse
por un concurso de carteis que se promocionou desde o Grupo da
Biblioteca. O venres 25 de novembro terá lugar un recital poético a
cargo da alumna Alba S. Canosa, de 4ºB, de poemas propios acompañada ao
piano polos alumnos Xabier Lemus (2ºA) e Carla Valiña (3ºA). Serán lidos
polos seus autores os seis mellores haikus e remataremos coa actuación
ao violonchelo da profe de música, Charo Ureña.
Sería bo que non tivésemos que celebrar este día.
1 comentario:
Apúntome á última frase da entrada. E desde logo hai que dicir que nos haikus hai cachos de vida moi logrados.
Publicar un comentario