Este ano quixemos
celebrar o 8M, día internacional da muller traballadora, ampliando a nosa
biblioteca da igualdade, desde unha perspectiva inclusiva, con clásicos do
feminismo e algunhas novidades editoriais sobre o tema. Se aínda non está claro
que a igualdade ha de ser un obxectivo prioritario na nosa sociedade, poñemos
ao voso dispor bibliografía para comprender en profundidade as claves deste movemento,
que en palabras de Angela Davis, plantexa a idea radical de que as mulleres
somos persoas.
Non fiques sen
saber sobre a sororidade, o empoderamento feminino, o test de Bechdel, a teoría
queer, o feminismo de Rosalía de Castro,
os micromachismos, as irmás Mirabal, os Dereitos Humanos, o feminismo
racializado...
Pásate pola
biblioteca e curiosea na nosa exposición de libros!
#8M
#diadamullertraballadora
No hay comentarios:
Publicar un comentario