Digamos que a situación Covid continúa a ser un obstáculo para as actividades normais que viñamos realizando na nosa biblioteca. Porén, este martes, 9 de marzo tivemos a oportunidade de contar con Ledicia Costas a través do noso primeiro encontro literario online. Fixémoslle o xeito e grazas á colaboración de boa parte do profesorado, a experiencia foi boa e con aprendizaxe técnica incluida. Un dous por un, mínimo!
Durante unha hora, a autora charlou coa rapazada de 1º e 2º ESO que leron
no que vai de curso as xa célebres historias de Esmeraldina e Escarlatina, as
defuntas máis riquiñas da literatura galega. Moitas foron as preguntas que lle
fixo o noso alumnado, algunhas esperables e outras ben ocorrentes. Foi toda
unha algarabía!
A seguir, o noso club de lectura de 3ºESO, tamén contou coa súa sesión. Foi
un faladoiro máis íntimo, máis ordeado e onde todos/as puideron plantexar
preguntas e a súa visión sobre os libros que viñan de ler. Neste caso, conversaron
sobre Unha estrela no vento e o Corazón de Xupíter. Sobre a profesión de
escritora tamén se intersaron bastante. Quen sabe se lles ronda a idea?
Aínda que botando en falta as vantaxes da presencialidade, o formato online permitiu gozar desta experiencia desenvolvida co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Que veñan máis!
No hay comentarios:
Publicar un comentario